miércoles, 29 de mayo de 2013

O nacemento

Hola querido público. 

     A partires de hoxe comeza unha nova etapa na miña vida. Acendeusme a bombilla e decidin facer un aporte á sociedade compartindo contidos co mundo a través do meu blog. Pode ser unha mera reflexión, ó mellor tan só literatura, tal vez unha tolería técnica, un recordo. Da o mesmo. Todo son ceros e uns que flotan no ciberespacio para conformar o contido que buscabas cando atopaches a miña bitácora e que pretenden contribuir a manter viva a rede. Dende o meu lúgubre espazo de pensamento comezo a difundir as miñas curiosidades, dúbidas, imaxes, coñecemento (filtrado pola miña mente inquisidora) e todas as cousas que necesiten estar presentes, de forma efímera, de forma permanete, quen sabe... 

Saudos.